3 de dec. de 2020

Día Internacional da Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional da Discapacidade e dende a biblioteca queremos falarvos da posibilidade dunha lectura accesible, é dicir, dar a posibilidade de poder ler a todas persoas que queren facelo sen importar se ten unha discapacidade ou non. Por iso, animámovos a coñecer a “lectura doada” que parte dun decálogo que se inicia con:

“ A Lectura Doada permite a igualdade de oportunidades para todos” (se pinchas, ábrese o enlace)



Aproveitamos este día tamén para darlle importancia a que usemos as palabras ou termos de “Diversidade funcional”, en lugar de “discapacidade” ou “minusvalía”, pois estas levan asociado un aspecto un tanto negativo.  E para ilustrar un pouco estas palabras "estranas" de DIVERSIDADE FUNCIONAL, propoñémovos este curto, do que temos o libro na nosa biblioteca:



E así e tal como fai Elmer ás veces, esta vez queremos saber se sodes capaces de realizar estes retos ou os que se vos ocorran: untar unha torrada cos ollos pechados, aprender algún signo básico como bos días en lingua de signos, andar pola casa cos ollos pechados e cun bastón,… Non esquezades subila a Instragram e etiquetar @elmercubela ou enviala ao noso correo: bibliotecaeipsanfrancisco@gmail.com

E para rematar, facemos ao noso Elmer un conto accesible:




Ningún comentario:

Publicar un comentario