26 de mar. de 2021

Ábrese o telón...

O 27 de Marzo de cada ano celebramos o Día Mundial do Teatro (ITI), creado en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro, para conmemorar a importancia deste arte na sociedade.


O feito de que se celebre este día, débese a que desde o ano 1954, o 27 de Marzo iniciaba a tempada no Teatro das Nacións de París, nun momento importante de reconstrución en Europa despois da Segunda Guerra Mundial. Como cada ano, se presenta unha mensaxe pronunciada por un famoso intérprete para compartir as súas reflexións sobre o arte do teatro e o seu futuro. A primeira destas mensaxes foi pronunciada por Jean Cocteau no ano 1962.

Neste ano 2021 o encargado de realizar esta mensa xe é Shahid Mahmood Nadeem, periodista paquistaní, dramaturgo, guionista, director de teatro e televisión, e activista dos dereitos humanos.  Na seguinte ligazón podes acceder  á versión do texto traducida ao castelán:

 

Queres ser unha actriz ou actor de teatro? Pincha para facer uns exercicios moi prácticos!


E agora unha obra de teatro para os mais pequenos en versión de debuxos animados de Masha e o Oso!



25 de mar. de 2021

Explosión de refresco!

Lucas enviounos este experimento tan explosivo. Tede coidado se o repetides! Fixádevos nos pasos e o que ocorre cando misturamos distintos elementos! 

  










22 de mar. de 2021

Nin unha pinga de menos!

Esta efeméride pon de relevo a importancia da auga. O proxecto deste ano, que remarca a importancia da vida submarina e do seu coidado, ten que ter en conta este ben tan preciado como é a auga, especialmente neste caso, a auga mariña. O Día Mundial da Agua é una data oportuna para que todos, de manera individual ou colectiva empecemos, a partir de hoxe, a coidar, valorar e racionar a agua que empregamos nas nosas múltiples actividades diarias. 

É moito o que podemos facer desde a nosa casa, comunidade ou calquera área onde na que nos desenvolvamos. Deste modo, os nosos nenos e nenas chegarán a ser os gardas e protectores da agua, da cal beneficiaránse no futuro, se aprenden a coidala e racionala de forma correcta.

Elmer proponvos o visionado destes contos:

 


Mais recursos para traballar na aula:

https://drive.google.com/file/d/1VHSImw4HwMdOIHG75YlYtk_gD7UZ5_jR/view?usp=sharing

Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

O día 21 de Marzo celébrase o día da eliminación da discriminación racial. 

 

Propoñémovos ver este corto " A viaxe de Saïd", gañador dun Goya ao mellor curtametraxe de animación. Trata o problema da inmigración e quere educar o valor da solidariedade. Nel amósase a realidade dun neno africano que soña cun futuro mellor, un soño compartido con miles de africáns que desexan unha vida mellor, pero que no transcurso desta busca,  moitos deixan a vida. Tamén, servirá para adentrarse na súa cultura e o que motiva a que estes nenos e nenas e persoas a querer emigrar, como tamén para pensar como son tratados, mergullándose no delicado tema da discriminación.