8 de mar. de 2021

Microplásticos no mar

O día 25 de Febreiro, co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 5º e 6º de EP tiveron a sorte de poder ter unha videoconferencia coa bióloga mariña Lara García Alves. 


Durante a exposición, aprendimos un montón de cousas sobre os microplásticos, a contaminación, os animais mariños, o zooplancton, a importancia das cinco R... Aquí tedes unha pequena mostra da súa presentación. 


Ademais, proporcionounos El gran viaje de Plancton do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC , un divertido libro de banda deseñada para seguir aprendendo!





Ningún comentario:

Publicar un comentario