26 de mar. de 2021

Ábrese o telón...

O 27 de Marzo de cada ano celebramos o Día Mundial do Teatro (ITI), creado en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro, para conmemorar a importancia deste arte na sociedade.


O feito de que se celebre este día, débese a que desde o ano 1954, o 27 de Marzo iniciaba a tempada no Teatro das Nacións de París, nun momento importante de reconstrución en Europa despois da Segunda Guerra Mundial. Como cada ano, se presenta unha mensaxe pronunciada por un famoso intérprete para compartir as súas reflexións sobre o arte do teatro e o seu futuro. A primeira destas mensaxes foi pronunciada por Jean Cocteau no ano 1962.

Neste ano 2021 o encargado de realizar esta mensa xe é Shahid Mahmood Nadeem, periodista paquistaní, dramaturgo, guionista, director de teatro e televisión, e activista dos dereitos humanos.  Na seguinte ligazón podes acceder  á versión do texto traducida ao castelán:

 

Queres ser unha actriz ou actor de teatro? Pincha para facer uns exercicios moi prácticos!


E agora unha obra de teatro para os mais pequenos en versión de debuxos animados de Masha e o Oso!



Ningún comentario:

Publicar un comentario