4 de xuño de 2021

Día Mundial do Medioambiente

Mañá, amigas e amigos de Elmer, Feliz día Mundial do Medio Ambiente! Como cada 5 de xuño, dende hai 47 anos, celebramos este día en todo o Planeta para lembrarlles aos seus habitantes a importancia de coidar da saúde da Terra. 

Ademais, hoxe da comezo unha conta atrás moi importante! Hoxe iniciase o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauracións dos Ecosistemas. O obxectivo é recuperar os ecosistemas en 2030, agora pareceravos moi lonxe, pero dez anos pasan nun suspiro!  É a nosa última oportunidade para corrixir o rumbo: previr a catástrofe climática, deter a contaminación e frear a perda de diversidade. 



É verdade que non podemos volver atrás no tempo, nin desfacer moitas das cousas que xa fixemos mal, pero podemos cambiar moitas cousas: podemos cultivar árbores, facer máis verdes as nosas cidades, repoboar os nosos xardíns con especies silvestres, cambiar a nosa dieta (non empregando por exemplo alimentos que estén envasados en plásticos innecesarios, traer auga ao cole en botellas reciclables...), axudar a limpar praias e ríos… a lista de tarefas que podemos facer é case infinita. Se tes algunha idea, non dubides en compartila con nós, no apartado de comentarios! 



E para que vexades o importante que é, visionade este curto titulado "Equilibrium".



Lembra que as persoas e o Planeta só poderemos estar sans na medida en que o estean os ecosistemas dos que todos dependemos. Xuntos poderemos ser a #XeraciónRestauración? Elmer pensa que si! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario