3 de maio de 2020

SOMOS COMA ÁNXELES ALVARIÑO, MARISOL SOENGAS, MARÍA WONENBURGUER...

Lembrádesvos cando estivemos a traballar no cole as mulleres científicas no Mes da Ciencia? 
Pois hoxe imos ser coma elas!
Para iso imos ler, investigar, pescudar, experimentar... cousas da vida cotiá e tamén imos a facernos un montón de preguntas! Queres saber máis?

Quen inventou a xeringa? ou quen inventou o WIFI que nos permite ter internet en calquer lugar? Responde as túas preguntas clicando aquí: QUEN O INVENTOU?




Mais preguntas deste tipo en: https://arbolabc.com/ciencia-para-ni%C3%B1os


E agora, unha visita virtual ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña e Alcobendas. Podes elixir ou ir aos dous.

http://intranet.peragallo.es/MUNCYT/

Tamén, Elmer ofrécevos a posibilidade de viaxar a Londres, ao seu Museo de Ciencia:
https://artsandculture.google.com/partner/science-museum
(Hai que premer no bonequiño que aparece na parte inferior dereita para moverte dentro do museo)


INVESTIGADE E DESFRUTADE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario