27 de abr. de 2020

PROPOSTA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Ola a tod@s!!
Ánimo que xa falta menos. Sodes uns campe@ns!!

Aínda que quedamos na casa, temos que seguir co calendario; o mes que vén entramos en maio, mes moi importante porque o día 17 celebramos o día das Letras Galegas. A Real Academia Galega elixiu esa data, 17 de maio, para conmemorar a publicación dunha obra moi importante na nosa literatura "Cantares Gallegos", un 17 de maio do ano 1863, e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
A primeira escritora homenaxeada foi Rosalía de Castro, no ano 1963, autora de Cantares Gallegos. Desde entón cada ano homenaxéase a un escritor ou escritora. Este ano adícase o día a Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro.
Aínda que este ano esta celebración trasládase ao mes de outubro, desde o EDLG (Equipo de Dinamización de Lingua Galega), e para contribuír a ese homenaxe ás Letras Galegas o día 17, propoñémosvos que nos contedes como vos sentides estes días, que estades a facer na casa, ou se saíchedes onte que fixéchedes.
Podedes contárnolo, así:
-->facendo un debuxo, Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, se algún se anima a escribir ADIANTE!!
-->escribindo un poema, de 2º a 6º de Educación Primaria, poderedes ilustralo como queirades.
Os que vos animedes, podedes enviar o voso traballo ao seguinte correo:

jesus.aulas@gmail.com

Prazo máximo de entrega:22 de maio
Moitas grazas polas vosas aportacións!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario