20 de abr. de 2020

QUINCENA DO LIBRO!

Nesta semana, o xoves é o 23 de Abril. Nesta data celébrase o Día do Libro porque é nun día, coma este, faleceron escritores mundialmente moi importantes como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega. Por iso, a UNESCO  (Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu elexir esta data para render unha homenaxe ao libro e aos seus autores e facer que a xuventude descubra o pracer pola lectura. Esta data convértese nun día fundamental para as bibliotecas escolares.  

A nosa biblioteca e Elmer queren celebrar o Día do Libro por todo o alto, polo que desde o día 20 ata o 30 de Abril vamos a propoñerte unha morea de actividades onde poderás escoller as que queiras.

Estades preparados e preparadas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario