22 de dec. de 2020
As recomendacións lectoras de Elmer
21 de dec. de 2020
Día Internacional da Solidariedade
Onte, domingo foi o Día Internacional da Solidariedade Humana. para coñecerr máis pulsa na seguinte ligazón:
https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-internacional-solidaridad-humana
Nós, como docentes, temos unha maior responsabilidade se cabe, e por iso esta semana pasada colaboramos co Banco de Alimentos da Coruña na recollida de produtos non perecedeiros grazas a profe Patricia que mantivo a iniciativa de colaboración!
No caso de que non puideses participar, deixámoste o enlace onde podes colaborar cunha pequena aportación económica.
https://www.fesbal.org.es/dona-ahora
Tamén neste día tan importante queremos lembrar a importancia na doazón de sangue, e por iso se podedes colaborar, non o dubidedes. Para máis información: https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx
Aquí tedes un vídeo explicativo do día de hoxe:
Un corto de animación moi interesante:
E por suposto unha selección de libros para traballar a solidaridade:
Non esquezades que unha boa persoa fáise cada día, non só hoxe. Pero si pode ser un bo día para comezar a ser mellor persoa.
18 de dec. de 2020
Os migrantes
E agora uns cantos libros da nosa biblioteca que podedes atopar sobre este tema!
17 de dec. de 2020
Os elfos chegaron ao CEIP San Francisco Xabier!
16 de dec. de 2020
Os nosos acuarios!
14 de dec. de 2020
Elmer, de compras!
10 de dec. de 2020
Día Internacional dos Dereitos Humanos e Animais
4 de dec. de 2020
Día da nosa Constitución
Podedes animarvos a facer o voso debuxo do artigo da Constitución que queirades e deixalo na biblioteca ou subilo a Instagram etiquetando a @elmercubela.
Ademais podedes facer unha versión curta da Constitución en formato libro. Engadimos unha folla coas instruccións do como facer o libro máis un vídeo.
INSTRUCCIÓNS:
Animádevos a facelo e coñecer de maneira lúdica os dereitos fundamentais que aparecen na Constitución e sobre todo lembrade o artigo 27! A ver si adiviñades cal é!
3 de dec. de 2020
Día Internacional da Discapacidade
Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional da Discapacidade e dende a biblioteca queremos falarvos da posibilidade dunha lectura accesible, é dicir, dar a posibilidade de poder ler a todas persoas que queren facelo sen importar se ten unha discapacidade ou non. Por iso, animámovos a coñecer a “lectura doada” que parte dun decálogo que se inicia con:
“ A Lectura Doada permite a igualdade de oportunidades para todos” (se pinchas, ábrese o enlace)
Aproveitamos este día tamén para darlle importancia a que usemos as palabras ou termos de “Diversidade funcional”, en lugar de “discapacidade” ou “minusvalía”, pois estas levan asociado un aspecto un tanto negativo. E para ilustrar un pouco estas palabras "estranas" de DIVERSIDADE FUNCIONAL, propoñémovos este curto, do que temos o libro na nosa biblioteca:
E para rematar, facemos ao noso Elmer un conto accesible:
1 de dec. de 2020
Chegou o Apalpador ao San Francisco Xabier!
Este ano xa temos connosco ao Apalpador! Durante unhas semanas estará na nosa biblioteca compartindo con Elmer lecturas, castañas e algunha que outra anécdota!
Podedes sacarvos algunha foto, se así o desexades! Tamén tedes aquí a carta para imprimir e poderlle pedir algún libro que vos apeteza ler! Pero, lémbrade! as cartas recolleranse do buzón (que estará na entrada da biblioteca) o día 10 de Decembro.
27 de nov. de 2020
As pitas baixo a choiva
25 de nov. de 2020
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
20 de nov. de 2020
Día Internacional dos Dereitos da Infancia
Hoxe, é un día importantísimo para todos as nenas e nenos. É o día onde se lembran e se conmemoran os nosos dereitos!
Para celebrar este día, que tal se lemos unhas entrevistas a un gran coñecedor da infancia e xuventude? Una persoa que dí cousas coma:
E agora, un pouco de actividade! Elmer escolleu dúas opcións:
1)Unhas actividades preparadas para a súa descarga con crucigramas, sopas de letras, para escribir un anaquiño...
2)Realizar algunha das manualidades que se propoñen, enviar unha foto dalgunha delas ao correo da biblio (bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com) o subila a Instagram, etiquetando a biblioteca:
-Flor dos dereitos
-Estrela para facela hai que colorear e completar os ocos; recortar todas as estrelas e doblalas pola metade. Pegar esas metades, unha enriba da outra ata chegar a derradeira que será a que se una coa primeira estrela.
(Ambalas dúas manualidades, ideas orixinais de http://tizasdecoloresmaestraana.blogspot.com)
18 de nov. de 2020
Quenda aos seres mitolóxicos e de lenda!
12 de nov. de 2020
Outono
En estes tempos tan raros, chegou o outono ao noso cole, velaquí as mostras outonais! Clica na imaxe!
10 de nov. de 2020
Día Mundial da Ciencia ao servizo da Paz e o Desenvolvemento
9 de nov. de 2020
Unha de autores que escriben sobre o mar!
30 de out. de 2020
Unha fin de semana terrorífica!
27 de out. de 2020
Celebramos o Día das Bibliotecas!
23 de out. de 2020
Día Mundial da protección da Natureza e o Día Internacional contra o cambio climático
As dúas datas teñen como obxectivos os seguintes:
- Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
- Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible.
- Xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e invertir a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade.
22 de out. de 2020
16 de out. de 2020
Día Mundial de la Alimentación
12 de out. de 2020
Día do Descubrimento de América
11 de out. de 2020
As nenas, de celebración
5 de out. de 2020
Primeiro luns de Outubro
O primeiro luns de outubro é o Día Mundial del Hábitat, que ten un obxectivo moi destacado: garantizar que o desenvolvemento das ciudades se fixera de forma sostible e que garantizara a todos os cidadáns e cidadanas a ter unha vivenda digna.
Aproximadamente o 25% da poboación urbana do planeta vive en asentamentos informais e segundo a ONU, "un número crecente de habitantes da cidade, especialmente os grupos pobres e vulnerables viven en condicións precarias, sen acceso a servizos básicos (...) ". Se a xente non ten unha vivenda digna, é moi difícil acceder a algúns dos outros dereitos incluídos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos como a educación, o acceso á auga, o saneamento e a saúde.
A vivenda é, por tanto, un dereito humano fundamental. Tamén foi e é fundamental na nosa batalla contra a propagación do virus COVID-19, pois sen unha vivenda axeitada, é imposible levar a cabo o distanciamento social e as boas prácticas de hixiene.
Elmer preséntavos este conto "Cuando perdemos el miedo" que narra a experiencia de Lúa, unha nena de 7 anos sobre o desahucio.
4 de out. de 2020
Elmer celebra o Día Internacional dos Animais!
Elmer quere lembrarvos a importancia da conservación das especies animais no noso planeta. Así como, que teñades en conta que os animais, igual que as persoas teñen uns dereitos recoñecidos.
Por iso é importante visibilizar a situación de moitos deles posto que están, ás veces, en posicións moi desfavorecidas. As nenas e nenos, como adultas e adultos no futuro, tedes moito traballo por facer: acabar coa explotación animal, a caza furtiva, co tráfico ilegal...
Desta forma, Elmer quérevos propoñer unha actividade: que fagades uns carteis, tamaño DIN-A4, onde pidades axuda ou colaboración para mellorar as condicións dos animas mariños. Podedes facelo sobre o que queirades, empregando os materiais que consideredes precisos... Así que MANS Á OBRA! Data límite de entrega: 25 de Outubro.
2 de out. de 2020
Non á violencia!
1 de out. de 2020
Outra vez sopa!
Mafalda, personaxe literario, pretende ser unha especie de voz da conciencia dos cidadáns e cidadanas, especialmente crítica co mundo que lle rodea. Mafalda namorou a millóns de lectores, de feito os libros desta rapariga están publicados en varios idiomas, en Braille e tamén en versión dixital. Aquí tedes unhas cantas tiras para que lexades: