Elmer estivo investigando e descubriu que onte, 4 de maio, celebrouse o Día Internacional da Liberdade de Prensa. Desde o noso blog queremos darlle a importancia que se merece. E para que pensemos un pouquiño e nos deamos conta do fundamental que é, clica no seguinte vídeo:
E agora continuamos con un pouquiño mais de sabedoría. Que vos parece? E se visitamos hoxe a Domus?
Os Museos Científicos Coruñeses permítennos seguilos polas redes sociais e estar ao día das súas novas actualizacións. Lembrade que, para facer isto, debedes facelo cun adulto:
Ademáis, propóñennos unhas lecturas e actividades para facer na casa. Realmente son moi interesantes, incluso ten algunhas sobre o Coronavirus. Por que non vos animades?
Ningún comentario:
Publicar un comentario